Unha ollada incompleta
Tipo de documento
Autores
Lista de autores
Vilariño, Manuel
Resumen
Comezamos neste número de Gamma unha nova sección dedicada aos blogues de contido matemático e educación matemática que inzan a internet. Pretendemos difundir os traballos realizados polo profesorado, investigadores/as ou divulgadores/as en xeral, nun rexistro informal como este que os fai especialmente accesibles para seren levados á aula. Cando falamos de recursos educativos na nosa materia, tradicionalmente falamos de boletíns de exercicios e problemas onde aplicar os procedementos que explicamos en clase. “E o programa que temos que dar”, dicimos con frecuencia. Porén, sabemos que a educación matemática non ésó iso, e que debemos procurar o estímulo do alumnado ollando na actualidade, na contorna e nos medios de comunicaci´on que lle son máis próximos. Alén disto, temos a obriga de potenciar a súa competencia dixital e de auto-aprendizaxe amosándolles a rede como unha fonte de recursos onde poder reforzar e contextualizar o traballado nas aulas, mesmo no uso das redes sociais. Quen o debe facer se non? Os nosos rapaces e rapazas xa son nativos dixitais. Teñen perfil nas redes sociais e están máis actualizados no seu uso que a maioría do profesorado. Contan con máis “amigos” e máis “seguidores” e os seus móbiles son máis modernos que os nosos. No entanto, comprobamos con frecuencia que se presentan dificultades no momento de procurar nun buscador, peneirar a información ou relacionar os contidos dixitais cos seus apuntamentos.
Fecha
2014
Tipo de fecha
Estado publicación
Términos clave
Computadores | Estrategias de solución | Otro (dispositivos) | Tipos de problemas
Enfoque
Nivel educativo
Educación media, bachillerato, secundaria superior (16 a 18 años) | Educación secundaria básica (12 a 16 años)
Idioma
Revisado por pares
Formato del archivo
Volumen
13
Rango páginas (artículo)
1-4
ISSN
15782980
Referencias
[1] C. Grima, R. García, Hasta el Infinito y más allá, Editorial Espasa, 2013.